i-rochiño


-> DMA

Molestar ó microprocesador cada vez que un periférico envía unha interrupción pode ralentizar o funcionamento do sistema polo que existe a posibilidade de que a información se intercambie entre o ordenador e os dispositivos externos sen que o procesador deixe de facer o traballo no que está.

Esta posibilidade é especialmente interesante se a cantidade de datos que queremos transmitir é grande (ter o procesador sen facer outra cousa que agardar que se remate de copiar unha película é unha perda de tempo e recursos).

Cando o ordenador utiliza DMA suprime ás IRQ e emprega unhas liñas especiais chamadas DQR para comunicar os datos. O acceso a memoria é máis rápido e non precisamos molestar ó procesador que segue ó seu.

Hoxe en día caseque todos os periféricos teñen activado o DMA de fábrica.

   Volver ó índice de xestión de E/S da CPU