i-rochiño


-> Interrupción

Cando un periférico quere comunicarse co ordenador para transmitirlle datos ou para avisar que está preparado para recibilos envía un sinal chamado IRQ.

Esta solicitude de atención interrumpe o traballo que estea realizando o procesador e presta atención ó que o periférico quere facer.

Un exemplo é cando prememos unha tecla: o ordenador atenderá á orde que lle esteamos dando, por exemplo escribir en pantalla unha letra.

   Volver ó índice de xestión de E/S da CPU